Chicho sae na TVG co gallo da Festa do Melindre

Hai cousa de 5 anos comentaba neste espazo que Chicho, o mono que temos no patio en Melide e que case todos os anos anima o expositor da cafetería...

ChichoHai cousa de 5 anos comentaba neste espazo que Chicho, o mono que temos no patio en Melide e que case todos os anos anima o expositor da cafetería Estilo durante a Festa do Melindre, saíra (unha vez máis) en La Voz de Galicia, e este ano chupou cámara na TVG, concretamente no programa A Revista:

Xa me comentaron que como continúe coa súa carreira fulgurante van ter que mirar de metelo facendo un cameo na nova película La Rebelión del Planeta de los Simios, que ten unha pintaza se atendemos ao seu trailer:

O que ten é que, como o Chicho apareza cuns melindres, vai acabar a rebelión, e os simios van pacificarse de vez.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS