Contra atrás para a municipais: a revista O Cruceiro

Como vén de distribuírse pola vila o folleto informativo do Partido Popular, criticando o Goberno municipal do último mandato, considero xusto publicar aquí agora o número 3 da revista...

Como vén de distribuírse pola vila o folleto informativo do Partido Popular, criticando o Goberno municipal do último mandato, considero xusto publicar aquí agora o número 3 da revista O Cruceiro (publicada o pasado mes de outubro) na que dan conta das obras realizadas durante os 3 primeiros anos do bipartito local:

A iniciativa de recoller todas estas obras nunha revista, pese a poder entenderse como autobombo, considero que foi moi positiva, pois existe unha opinión xeralizada entre os cidadáns de que as Administracións Públicas non fan nada, e deste xeito podemos ponderar os resultados do traballo político. De manterse este tipo de publicación, servirán para que a xente poida facer balance dos distintos consistorios municipais que vaian formándose ao longo do tempo.

De todos os xeitos penso que medir os resultados dun Goberno polas obras públicas rematadas é bastante inxusto (especialmente se só miramos o seu número), pois existen moitos outros factores a considerar, como o diálogo social, a organización de eventos de distinto tipo (dende festivos ata formativos), a administración dos servizos municipais, a organización do seu cadro de persoal, a velocidade na realización de certos trámites ou incluso a relación con outras Administracións Públicas. Temas que supoño que ten en conta a xente cando valora o destino do seu voto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS