Nova Foliada en Melide o 30 de abril

O vindeiro día 30 botará a andar en Melide a sétima Foliada, coa 3ª edición do Concurso de cantos de taberna, no que de 12:00 a 15:00 horas enfrontaranse...

Cartel da FoliadaO vindeiro día 30 botará a andar en Melide a sétima Foliada, coa 3ª edición do Concurso de cantos de taberna, no que de 12:00 a 15:00 horas enfrontaranse 15 grupos que se someterán ao criterio de 10 taberneiros do lugar que puntuarán as súa actuacións, para que ás 18:00 horas poidan entregarse na Praza do Convento os premios desta competición, acto seguidor por unha actuación dos grupos gaañdores.
Particparán neste orixinal concurso os seguintes grupos:
OS TRAPEIROS (Melide)
AXÓUXERE (Melide)
RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
BINGO BIRÓN (Toques)
GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
FIADEIRA (Antas de Ulla)
OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
REVIRAVOLTA (O Pino)
ALÉN DO MAR (Bergondo)
O TRASNO (Santiago)
A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
A GHAITA DO AVÓ (Marín)
AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
A CASA DA TROULA (Rekalde)

Ás 20:30 horas terá lugar un serán coa participación de:
HERBA GRILEIRA (Melide)
FROITO NOVO (Melide)
AXÓUXERE (Melide)
LEIRABUXO (Melide)
ABEANCOS (Melide)
POZO PEQUENO (Melide)
FOL DA CHOUSA (Visantoña)
BINGO BIRÓN (Toques)
GAITEIROS DO BALADO (Toques)
A MARISTELA (Sobrado)
FIADEIRA (Antas de Ulla)
FALCATRUEIROS (Monterroso)
BICO DA BALOUTA (Agolada)
VARACUNCAS (Rodeiro)
XIRANDOLA (Bandeira)
PAO DE BUXO (Silleda)
OS DA TROULA (Cesuras)
AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)

Porán a guinda á xornada os concertos de Quempallou, Cé Orquestra Pantasma e Arpelik Ez.

O domingo día 1 de maio, o concerto que poderemos ver será o de Espido.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS