Conan é un paxaro anoxado

Coma continúe a este ritmo a Conan O’Brien van ter que dedicarlle unha estatua, pois tras putear ao iPad 2 rende agora unha homenaxe ao xogo Angry Birds construíndo...

Coma continúe a este ritmo a Conan O’Brien van ter que dedicarlle unha estatua, pois tras putear ao iPad 2 rende agora unha homenaxe ao xogo Angry Birds construíndo un escenario do xogo con mobles de Ikea:

Para min Angry Birds e Angry Birds Seasons (especialmente nas súas versións HD) foron os mellores xogos de 2010 (aínda que a primeira entrega saíse en decembro de 2009) superando aos grandes títulos de consolas tanto portátiles coma domésticas. É un dos xogos máis adictivos que probei nunca e estou agardando a que saia a súa terceira entrega co gallo da película Rio. ¡Hai que acabar con eses porcos verdes dunha vez!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS