II Concerto de Aninovo da A.C. Melide Vida Musical

Tras encadear éxitos cos pasados concertos de verán e aninovo, a Asociación Cultural Melide Vida Musical quere repetir a experiencia do ano pasado celebrando hoxe ás 9 da noite...

Concerto de Aninovo
Tras encadear éxitos cos pasados concertos de verán e aninovo, a Asociación Cultural Melide Vida Musical quere repetir a experiencia do ano pasado celebrando hoxe ás 9 da noite o seu II Concerto de Aninovo na Igrexa Parroquial.
Melide Vida Musical conta cunha orquestra de corda que desta volta presentará a un total de 35 músicos con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos, amais de contar coa colaboración dos seus 4 profesores. Entre os seus instrumentos figuran 20 violíns (¿e un Silvestre?), 7 chelos, unha flauta traveseira, un piano, un baixo, un contrabaixo, unha batería e 3 voces, que interpretarán temas clásicos e contemporáneos durante unha hora.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS