Emma Ríos no Telediario de TVE

Toda unha sorpresa ver a Emma Ríos nos informativos de Televisión Española: Unha mágoa que na reportaxe muden o seu nome (chámana Emma Ruiz) e din que Marvel vén...

Toda unha sorpresa ver a Emma Ríos nos informativos de Televisión Española:

Portada de Extraño de Emma RíosUnha mágoa que na reportaxe muden o seu nome (chámana Emma Ruiz) e din que Marvel vén de editar o cómic de Extraño en España (a editora local é Panini). Vaia, que se queredes unha información mellor contrastada recoméndovos ler a reportaxe que fixeron sobre Emma os especialistas do programa Viñetas y Bocadillos de Radio Nacional.
Eu teño o volume na casa dende hai un par de semanas, pero aínda non o devorei (non teño a vista moi fina, pois estou a recuperarme dunha operación de miopía), polo que non me atrevo a adiantar nada sobre o cómic, que coma mínimo é bastante orixinal no que a tratamento gráfico se refire.
A carreira de Emma na Marvel está a sorprenderme positivamente, e aínda que gustei máis de títulos coma Hexed, vexo que os seus traballos están a ter un nivel bastante bo, coma poderemos comprobar nos vindeiros meses a través dos seus achegamentos a personaxes coma Firestar, Kraven, Elektra e mesmo Norman Osborn.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS