O tema principal de TRON: Legacy chega en vídeos musicais con distintos sabores

Coma fan de TRON non podo parar de contar os días para a chegada de TRON: Legacy aos cines españois, e para abrir boca admito estar encantado co vídeo...

Coma fan de TRON non podo parar de contar os días para a chegada de TRON: Legacy aos cines españois, e para abrir boca admito estar encantado co vídeo da nova película ambientada polo tema musical Derezzed de Daft Punk:

Pero agora sorprenden cun vídeo musical do tema, con aires retro, que é unha auténtica delicia:

Parece que están a facer un bo traballo casando as novas xeracións co público que viu a película orixinal nos anos 80, de xeito que teremos a mestura ideal entre a última tecnoloxía estereoscópica e un clásico que consideraba irrepetible, pero que comezo a pensar que vai ter un sucesor máis que digno (aínda que resulta evidente que non vai ter a repercusión a longo prazo do primeiro filme).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS