O vídeo musical como publicidade turística

Non tiña nin idea de que existía un lugar coma Leavenworth, vila do condado de Chelan (Washington) con só un par de milleiros de habitantes que decidiron revitalizar a...

Non tiña nin idea de que existía un lugar coma Leavenworth, vila do condado de Chelan (Washington) con só un par de milleiros de habitantes que decidiron revitalizar a súa economía disfrazando as súas rúas para aparentar estar en Baviera, para pasar uns días de descanso (aínda que a localidade é coñecida por celebrar o Oktoberfest máis concorrido fóra de Alemaña), e aínda que non estou moi ao tanto da innovación turística, entendo que é posible dárse a coñecer de xeito moi amplo grazas a vídeos musicais coma o seguinte:

Os do Xacobeo non se atreverían a facer algo semellante nin despois beber media ducia de cuncas de viño do país tras unha ración de polbo á feira, pero tería o seu aquel que de cando en vez a publicidade sobre as zonas turísticas españolas non se limitase a amosar paisaxes fermosas con música tranquila. A orixinalidade vende, e pode axudar a revitalizar a economía.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS