The Hasselhoffs: nacidos para molar

Na televisión, familias como a de Ozzy Osbourne tiveron a ben participar nunha especie de reality show, e agora é o vello conductor do Coche Fantástico e protagonista de...

The Hasselhoffs
Na televisión, familias como a de Ozzy Osbourne tiveron a ben participar nunha especie de reality show, e agora é o vello conductor do Coche Fantástico e protagonista de Los Vigilantes de la Playa, David Hasselhoff, quen vai ter o seu propio programa acompañado polas súas dúas fillas, aínda que o mellor de todo é o vídeo co que anuncian o programa:

The Hasselhoffs é o nome deste novo espazo televisivo que sospeito que vai idealizar a vida desta familia tan popular nos EE.UU. por incidentes como a publicación na web por parte dunha das fillas dun vídeo de David Hasselhoff cheo coma un pipo.
Desgrazadamente o programa non parece que vaia obviar o feito de que Hasselhoff intentou labrar unha carreira coma cantante (tema que xa teño tratado neste espazo):

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS