¿Os móbiles con Internet escarallarían o cine?

Cando na casa discutimos algo ao xantar ou vendo a televisión, en moitas ocasións saco o móbil do peto e busco na Rede a resposta do que estamos a...

Cando na casa discutimos algo ao xantar ou vendo a televisión, en moitas ocasións saco o móbil do peto e busco na Rede a resposta do que estamos a falar, algo que hai uns anos parecería imposible, e que está a cambiar o xeito de ver o mundo. Tendo tantas respostas na palma da man, xa non temos que deitarnos con dúbidas coma o nome do actor que sae na película que botan na tele nin hai que discutir sobre se un persoeiro ten tal ou cual idade. De feito, coma o uso da Internet móbil pase a ser de uso coitá incluso polos menos tecnófilos, dentro de pouco certas situacións pasarán a verse como anacronismos, e temos como exemplo un simpático sketch de CollegeHumor que leva o conto ao mundo do cine:

Xa sei que Psicosis non sería o mesmo se na ducha houbese unha mampara e que un móbil con GPS solucionaría as situacións nas que os protagonistas están perdidos están perdidos no monte, pero, ¿chegaremos a ver co tempo eses argumentos coma ridículos? Agardo que non.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS