Marvel rende homenaxe a Tron

O negocio dos comics nos EE.UU. é moi diferente ao español, e en certo sentido os comic books son revistas de comics, nos que a publicidade ten unha presenza...

O negocio dos comics nos EE.UU. é moi diferente ao español, e en certo sentido os comic books son revistas de comics, nos que a publicidade ten unha presenza moi importante, e cunha temática moi distinta da que vemos por aquí, de xeito que non se limita a auto-promocións e anuncios de xoguetes, tendo moita presenza os videoxogos e o cine, e coma exemplo desto último temos que varias coleccións renderán homenaxe á película Tron: Legacy ¡nas súas portadas!
Concretamente serán os seguintes números:
•Amazing Spider-Man #651 (Spider-Man)
•Avengers #7 (Spider-Woman)
Spider-ManSpider-Woman
•Avengers Academy #7 (Mercurio)
•Captain America #612 (Capitán América)
MercurioCapitán América
•Incredible Hulks #618 (El Motorista Fantasma)
•Invincible Iron Man #33 (Iron Man)
Motorista FantasmaIron Man
•New Avengers #7 (Ms. Marvel)
•Secret Avengers #7 (Caballero Luna)
Ms MarvelCaballero Luna
•Thor #617 (Thor)
•Wolverine #4 (Lobezno)
ThorWolverine
Eu non logro decidir se estamos ante unha sinerxía digna de admiración ou se temos un caso de mercantilismo puro e duro. Aínda que como nos EE.UU. poden conseguirse a meirande parte dos comics da Marvel con 2 ou 3 portadas distintas, quen non guste de Tron sempre poderá adquirir exemplares máis ortodoxos das súas coleccións favoritas.
¿Atreveranse a repetir a experiencia no futuro? Porque como comecen a facer cousas así con películas, series de televisión ou produtos de consumo (xa estou vendo o mes de Ford ou de Xbox 360) a cousa pode resultar noxenta, e incluso resultaría molesta para os autores, que poderían ver prostituídas as súas obras.

Tron: Legacy promete ser a película do Nadal, chegando aos cines en decembro e prometendo unhas 3D espectaculares, aínda que supoño que non estará á altura da súa obra orixinal, Tron, á que renden homenaxe no seu último póster:
Poster de Tron LegacyPoster de Tron

Non podo evitar emocionarme ao pensar que vai volver ese mundo virtual desenvolvido no interior dun sistema informático, que é todo un referente cultural friki como Juegos de Guerra, habendo moi poucas películas capaces de chegar ao seu nivel (resulta evidente que nin Hackers nin Sneakers. Los Fisgones, pese a ter o seu aquel, conseguiron chegar a marcar a unha xeración). O mellor para ir preparándose para este exercicio de nostalxia é ver o trailer da nova película:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS