II Concerto de Verán da A.C. Melide Vida Musical

Repetindo a experiencia do ano pasado, aínda que cunha semana de diferenza no calendario, a Asociación Cultural Melide Vida Musical organiza o vindeiro ságado na Igrexa Parroquial de Melide...

Concerto de Melide Vida Musical
Repetindo a experiencia do ano pasado, aínda que cunha semana de diferenza no calendario, a Asociación Cultural Melide Vida Musical organiza o vindeiro ságado na Igrexa Parroquial de Melide ás 9 de noite e seu II Concerto de Verán.
A orquestra está composta por 30 cativos melidenses entre os que hai algunhas voces e instrumentos novos, e dividirán o concerto en dúas partes: a primeira con temas clásicos e a segundo con temas actuais e de certa sona. Rematará o evento co Himno de Melide (con música de Fernando Vázquez Arias e letra de Ramón Fraga) para procurar a recuperación dunha composición que dende a Asociación Cultural non queren que quede no esquecemento.
É de agardar que o concerto xunte tanto público coma sempre, aínda que desta volta non contará con moitos veraneantes por celebrarse no derradeiro sábado do mes, o que posiblemente agradecerá moita xente da vila (pois así será máis doado atopar asento) 😉 .

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS