Olla este trailer, Bubu

Coido que estou algo desconectado das adaptacións á pantalla grande que están a facerse ultimamente, pois non sabía que estaban en post-produción unha película do oso Yogi, polo que...

Yogi Bear
Coido que estou algo desconectado das adaptacións á pantalla grande que están a facerse ultimamente, pois non sabía que estaban en post-produción unha película do oso Yogi, polo que levei toda unha sorpresa ao ver que estreaba trailer:

Temo que a película vai repetir os mesmos fallos que outras adaptacións coma Garfield, pois é moi difícil mesturar imaxe real con aminación 3D… e aínda resulta máis complexo encadear unha serie de gags para construír unha historia para unha longametraxe. De todos os xeitos teremos a Bubu, e se elixen un bo actor de dobraxe, xa pagará a pena 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS