O cómic dixital segundo Cels Piñol

Non sei cómo tomar a última entrega de Fan Letal en Zona Negativa, pois Cels Piñol emprega un iPad para ilustrar a evolución do cómic á era dixital dun...

Non sei cómo tomar a última entrega de Fan Letal en Zona Negativa, pois Cels Piñol emprega un iPad para ilustrar a evolución do cómic á era dixital dun xeito bastante atinado, que sitúame entre a risa e a reflexión:
fanwired
Coido que coa imaxe quedan claros varios conceptos:
– O iPad é un dispositivo pesado (entre 680 e 720 gramos) pero aínda pesan máis moitos comics
– Os comics en formato dixital non envellecen
– As edicións físicas dos comics teñen moi pouco de ideais, e están cheas de erros, o que cos novos formatos podería solucionarse (non é coña, os comics nas tendas dixitais teñen actualizacións)
– As scanlations e os escaneos que circulan pola Rede en moitos casos teñen unha calidade lamentable
– Os comics en papel son difíciles de gardar e organizar (distintos tamaños, series cruzadas, series editadas por distintas editoriais…)
– E, finalmente, o clásico lema de libro prestado, libro perdido tamén é de aplicación aos comics, e admito que padecín o problema en varias ocasións, o que xera grandes problemas (especialmente se prestaches o primeiro tomo dunha serie editada hai anos).

Así pois, ¿soltamos unhas risas ou choramos? Eu aínda non me decidín, e aínda que son coleccionista de comics, admito as vantaxes dos soportes dixitais, polo que dentro dunhas semanas (agardo que antes de Viñetas desde o Atlántico) intentarei facer un repaso das aplicacións comiqueiras que hai para o iPad, para despois contrastar as miñas impresións cos frikis que pasen polos Xardíns de Méndez Núñez, e ver se estamos ante a chegada da revolución, ou haberá que agardar a que chegue un dispositivo de lectura cunha pantalla de 12-14 polgadas capaz de trasladar a esencia do cómic.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...