Para limpar os zapatos hai que botarlle huevos

Moitas son as marcas que cando chegan a outros países teñen que mudar para evitar ofender ou provocar risas, de xeito que en España o Mitsubishi Pajero chámase Montero,...

Moitas son as marcas que cando chegan a outros países teñen que mudar para evitar ofender ou provocar risas, de xeito que en España o Mitsubishi Pajero chámase Montero, e miña nai atopou unha marca de lustre para os zapatos que en Galicia debería ter un nome máis discreto:
Collonil
A min unha marca coma Collonil paréceme máis un medicamento para os testículos que unha marca de limpeza de calzado e pel, de aí que me sorprendese que incluso veña dunha empresa seria e que non corresponda a un nome aleatorio dunha empresa de orixe asiática. Supoño que as persoas que pidan este produto nas zapaterías en Galicia dirán ao dependente que queren ese de aí para evitar escarallarse de risa co curioso nome. 😉

Xa postos a criticar nomes curiosos, instaría a Motorola a que en España non chame FLIPOUT a un dos seus novos terminais, porque iso de ter un móbil flipao é raro de máis.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS