«Non son Enrique Dans»

O pasado venres tivo lugar en ExpoCoruña a primeira edición de B-web, evento no que 12 profesionais do sector TIC analizaron as últimas estratexias do márketing na Internet ante...

Rubén Bouso no B-Web
O pasado venres tivo lugar en ExpoCoruña a primeira edición de B-web, evento no que 12 profesionais do sector TIC analizaron as últimas estratexias do márketing na Internet ante unha audiencia de preto dun cento de persoas. Entre os relatores estaban , José Manuel Alarcón, Rubén Bastón, Daniel Seijo, Xosé Ramón Nóvoa, Javier Varela, o simpatiquísimo Daniel Weiss, o omnipresente Enrique Dans ou Nico Castro, quen tivo o detalle de agasallarme cunha orixinal camiseta:
Spam para hoy y hambre para mañana

O B-web rematou ás 20:00 horas (coa promesa de repetir a experiencia antes de rematar o ano), cando pasou o relevo ao LaconNetwork, un encontro de emprendedores tecnolóxicos que desta volta xuntou a bastante xente, aínda que non foi un xantar coma era habitual, aínda que volverá ao rego o último venres de xuño. A cousa promete moito.
O que foi unha mágoa é que Enrique Dans non puidera quedar pola tarde (coma xa comentara no seu blog) o que Xosé Ramón Nóvoa corrixiu recollendo a credencial de Dans e pendurándoma ao pescozo, o que retratou Moisés Mateo de Ayco:
Marcus Fernández emulando a Enrique Dans
Chego a ter un proxector de vídeo a man e faría unha presentación multimedia sobre redes sociais e a conversa 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS