Coincidencia blogueira na TVG

Este serán na TVG quedei moi sorprendido pola aparición en pantalla de dúas persoas que coñezo en dous programas distintos e cunha marxe de tempo moi pequena. Primeiro, na...

Este serán na TVG quedei moi sorprendido pola aparición en pantalla de dúas persoas que coñezo en dous programas distintos e cunha marxe de tempo moi pequena. Primeiro, na entrega de hoxe de Conexións, tras o post de Wicho puidemos ver a Manuel Gago falando da súa experiencia coma blogastrónomo:

Mentres estaba a ver iso co meu irmán, comenteille que a meirande parte das imaxes do blogue de Gago eran obra de Soledad Felloza, polo que a miña sorpresa foi total cando, tras ver en Galicia para o Mundo unha reportaxe sobre o Castelo de Pambre, aparece en pantalla Carmen Chao entrevistando a Soledad. Puiden rescatar un anaco da entrevista:

Dado que os dous programas foron desenvolvidos por produtoras distintas, que tampouco teñen ningún peso á hora de situalos na grella da TVG, só podo dicir que a coincidencia pareceume moi oportuna, e por iso escribo esta entrada no blogue para celebralo e mandar un par de bicos a Manolo e a Sole. ¡Un pracer poder vervos na Galega!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS