Bos Días ao iPad (nas tendas de EE.UU.)

Co gallo do lanzamento do iPad nos EE.UU. o pasado sábado, hoxe estivemos a falar no Bos Días deste trebello con moito potencial: Cada vez vexo mellor ao iPad...

Co gallo do lanzamento do iPad nos EE.UU. o pasado sábado, hoxe estivemos a falar no Bos Días deste trebello con moito potencial:

Cada vez vexo mellor ao iPad coma un dispositivo de éxito, do que a súa principal eiva actual é o seu prezo, pois moitos dos seus defectos vanse solucionar no outono coa chegada dunha actualización do seu software (o iPhone OS 4).
Hoxe circulaban rumores de que para o ano que vén lanzarían un iPad de 6 ou 7 polgadas, o que para min sería un tremendo erro (para portabilidade xa están o iPhone e o iPod Touch), e gustaría máis de que saise un modelo de 12 ou 14 polgadas, que de ter unha resolución de pantalla mellorada facilitaría a lectura de comics (a experiencia actual aínda non é óptima).
Pero, ¿o resto de tablets que van saír nos vindeiros meses non van superar en moito ao iPad? Coido que non vai ser así, de feito que van ser produtos moi diferentes: o iPad arrasará coas aplicacións nativas, mentres que a competencia terá mellor desenvolvemento multimedia e web. O que non acabo de entender é por qué todos os tablets agás o iPad teñen pantallas 16:9, que están moi ben en horizontal, pero que en vertical son incomodísimas (o que é o mesmo defecto que atopo á meirande parte dos ultraportátiles de baixo custo, pois penso que con pantallas de 4:3 serían máis produtivos).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS