Bos Días aos dominios .gl

Este venres no Bos Días da TVG tocou falar dos dominios de Internet co sufixo .gl, sen entrar a polemizar, e comentando algúns exemplos de uso: Entendo que xa...

Este venres no Bos Días da TVG tocou falar dos dominios de Internet co sufixo .gl, sen entrar a polemizar, e comentando algúns exemplos de uso:

Entendo que xa houbo bastante rebumbio ao redor do tema, e cómpre deixar morrer o conto. Cadaquén é libre de rexistrar ou non un .gl, e se algo está claro é que agora é máis doado e barato contratar estes dominios que antes. Quedará por ver se aparecen máis espazos na Internet que sigan os pasos de Chuza.org na súa migración ao .gl, ou se os rexistros baixo este sufixo son principalmente preventivos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS