Bos Días á banca electrónica e ao PlayStation Move

Hoxe no Bos Días da TVG falei un anaco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das vantaxes da banca electrónica, incidindo na súa comodidade e seguridade: Tamén falamos un...

Hoxe no Bos Días da TVG falei un anaco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das vantaxes da banca electrónica, incidindo na súa comodidade e seguridade:

Tamén falamos un anaco da novidade tecnolóxica da semana, o PlayStation Move:

Pode que sexa unha copia do Wii MotionPlus, pero Sony vai conseguir dárlle máis xogo que Nintendo, aínda que non teño nada claro que o tipo de usuarios da PlayStation 3 sexan os máis axeitados para este trebello. Ou sexa, que penso que o bo deste lanzamento programado para o outono por menos de 100 euros vai servir para captar a un novo público á PS3, aínda que cando vexamos as cartas de Microsoft igual o invento de Sony queda en mal lugar (o proxecto Natal promete moito).

Sobre o de que o PlayStation Move parece un xoguete sexual non é algo que diga eu, senón que nos foros especializados incluso alcuman o trebello coma cimbelshock (nome máis fino que pollaxis), o que resulta evidente se temos en conta a súa forma cilíndrica, a súa punta redonda e vermella/rosa (en realidade, cambia de cor, pero nas primeiras imaxes predominaba a cor rosa) e o feito de que teña vibración… fai pensar moi mal a moitos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Black Eyed Peas en plan Teletubbies

    En 2005 o álbum Monkey Business dos Black Eyed Peas foi un exitazo, e aínda que o tema que deixou maior pegada foi Pump It, especialmente polo seu impresionante...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...