Chega o apagamento analóxico á Coruña, ¿ou non?

Estou un tanto molesto ante o apagamento analóxico en A Coruña, pois aínda que as canles estatais e autonómicas xa amosan nas súas emisións unha mensaxe na que advirten...

As canles autonómicas e estatais apagaron na Coruña
Estou un tanto molesto ante o apagamento analóxico en A Coruña, pois aínda que as canles estatais e autonómicas xa amosan nas súas emisións unha mensaxe na que advirten que agora están dispoñibles a través da TDT, as televisións locais van por libre e pasaron olimpicamente do apagamento:
As canles locais resístense ao apagamento
Non entendo ese paso, pois ninguén vai prender un televisor no que só poidan ver Localia, Popular TV e un par de canles de teletimos, de xeito que a partires de hoxe ninguén verá a televisión en analóxico na cidade e bisbarra.
Eu agardaba que Localia TV pasase xa á TDT, pois é a única canle que non podo recibir en dixital na casa (na Coruña, que dende Melide pillamos Localia Santiago sen problemas dende hai boa). De feito, ao pensar no tema pasoume pola cabeza unha idea: ¿por qué molestáronse en facer programación hoxe se ningúen a vai ver? E decateime de que os clientes de R continúan a recibir Localia sen problema, de xeito que temos un exemplo claro de que é posible ter unha canle de televisión sen contar cunha licenza de emisión, de xeito que grazas a plataformas coma R, Imagenio, Digital+ ou a propia Internet é posible ter canles de televisión independentes de concesións administrativas. ¿Ten entón sentido que o Estado continúe a ter un control férreo sobre as ondas?

Volvendo ao ámbito local, ¿cómo é posible que na Coruña concedesen canles dixitais de ámbito local a Localia, El Ideal Gallego e La Opinión e que aínda non estea emitindo ningunha das 3 pese a que están obrigadas a facelo dende o 1 de xaneiro de 2008? ¿Fixeron pechar a TeleCoruña para nada?
Supoño que Localia Coruña estará na TDT en poucos días (falaban de comezar hoxe) pero supoño que boa parte dos problemas veñen de que na cidade tiñan que compartir os gastos das emisións entre 3 canles, e finalmente parece que a El Ideal e La Opinión nin se lles espera. Nin sequera tiveron a decencia de devolver a licenza (PRISA e Vocento están a devolver as súas licenzas por toda España), que é o propio se non pensan emitir, pois así, de haber algunha outra compañía que queira entrar en xogo, tería amparo legal para facelo.
Unha mágoa que Localia Coruña non pasase á TDT con certa antelación, pois iso obrigaralles a facer unha intensa campaña de comunicación para informar á cidadanía de que teñen que resintonizar as canles de TDT para recibir a súa programación, ou sexa, para poder ver a Txury e Antón facendo o tolo no futuro magazine Turquía (¡xa me tarda velo!).

ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Durante a primeira hora do serán as emisións locais en analóxico de Localia e Popular TV cesaron en A Coruña, aínda que as de Localia volveron (supoño que decatáronse que ao pechar o analóxico desaparecían as súas emisións de R).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS