Bos Días ao iPad

Esta semana o iPad está a monopolizar a información tecnolóxica, o que tamén aconteceu no Bos Días da TVG, aínda que comezamos falando da web Timelapses.tv, que non coñecía...

Esta semana o iPad está a monopolizar a información tecnolóxica, o que tamén aconteceu no Bos Días da TVG, aínda que comezamos falando da web Timelapses.tv, que non coñecía con anterioridade, e pode ser moi interesante para os que queiran experimentar coa fotografía e o vídeo (coma Kelalo rexistrando unha nevarada en Melide). Sobre o iPad, pouco puiden dicir que non comentara xa:

Tamén comento a curiosidade de que con este vídeo estreei o novo sistema de subida de vídeos a YouTube, que amosa graficamente a súa carga, o que resulta moi agradable para o usuario (aínda que na práctica non afecta en nada ao proceso de carga de contidos ao portal de vídeos de Google):
novo sistema de subida a YouTube

E para rematar supoño que non será preciso comentar que Bos Días celebraba o seu programa número 100 e non o seu centenario 😛
Iso si, dende a Radio Galega celebrarán en breve o seu 25º aniversario. ¡Parabéns!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS