Debate político-melidense en Dez TV

A política melidense está moi animada estes días, e así esta fin de semana puiden ver polas rúas da vila un cartel co seguinte texto: OS MELIDENSES CAEULLES O...

A política melidense está moi animada estes días, e así esta fin de semana puiden ver polas rúas da vila un cartel co seguinte texto:

OS MELIDENSES CAEULLES O GORDO CON SOCORRO CEA E MANOLO PRADO.

MANOLO PRADO PERMITIUSE UN GRAN AGASALLO NESTE 2010 E ATOPOU UN POSTO DE TRABALLO PARA A SÚA MULLER COMO ENCARGADA DO PUNTO LIMPO ,( XESTIONADO POR CELTA PRIX A TRAVÉS DO CONCELLO), SOCORRO CEA COMO ALCALDESA E MÁXIMA RESPONSABLE CONSENTIUNO.

!!!! HAI QUE TER POUCA VERGOÑA ALCALDESA!!!

MELIDE CONTA CON 571 DESEMPREGADOS, BATENDO TÓDOLOS RECORDS DA HISTORIA, E O ÚNICO POSTO DE TRABALLO CREADO RECAEU NA MULLER DO TENENTE DA ALCALDESA.

¡!! ESTO SI QUE É TOCARLLES A UN O GORDO!!!

O BNG- PSOE, OU O QUE É O MESMO SOCORRO CEA E MANOLO PRADO PERDERON A POUCA DIGNIDADE QUE TIÑAN COMO POLÍTICOS E DENDE O PP PEDÍMOSLLES QUE OS RECIBO DO LIXO QUE TEREMOS QUE PAGAR POR DUPLICADO NO 2010 OS PAGUEN ELES DO SEU BOLSILLO, XA QUE POLA CONTRA TÓDOLOS MELIDENSES LLE IMOS PAGAR O SOLDO A MULLER DO TENENTE ALCALDE.

¿ALCALDESA, CANTAS INMORALIDADES MAIS VAS CONSENTIR DE AQUÍ Ó FINAL DA LEXISLATURA? ¿ SE PERMITES ESTO, A DONDE VAS SER CAPAZ DE CHEGAR? ¿QUE HAI DETRÁS DESTE PACTO DE SILENCIO?

E a cousa parece que vai ir a máis porque esta noite ás 22:00 horas en Dez TV (na canle 55 da TDT) vai ter lugar un programa especial de A Peneira no que falarán a xeito de debate da Problemática laboral no Concello de Melide e contarán cos seguintes convidados:
– Socorro Cea, alcaldesa de Melide
– Ánxeles Vázquez, voceira do PP
– David Barrio, sindicalista de UGT
– Fernanda da Tahona, ex traballadora de Radio Melide
Aínda que non estou certo de que a alcaldesa vaia asistir.
Por desgraza, non ando por Melide para gravar o programa e poder publicar na web algún corte en vídeo do mesmo, pero agradeceríase que o fixese algunha alma caritativa (ou que avisen se saben se o programa vai repetirse durante a fin de semana).

ACTUALIZACIÓN: Dende Dez TV avisáronme de que Soqui Cea non confirmou a súa presenza no debate que terá lugar pola noite en directo. Tamén comentaron que a pasada noite estiveron a empapelar Melide con carteis informando da emisión do programa de televisión, e alguén arrincou os carteis 🙁

ACTUALIZACIÓN (12-1-2009): O PP de Melide publicou no seu blog un comunicado sobre este tema:

O PP DE MELIDE LAMENTA A AUSENCIA DE SOCORRO CEA NO PROGRAMA-DEBATE A PENEIRA DE DEZ TV SOBRE A PROBLEMÁTICA LABORAL DO CONCELLO DE MELIDE
* O Grupo popular está convencido de que a Alcaldesa non tiña argumentos, feito polo que non se presentou ó programa
* A voceira popular valora positivamente este tipo de debates donde tódalas partes implicadas poidan dar a súa opinión contrastada , libre e democraticamente sobre feitos cualificados de graves

O PP de Melide lamenta a ausencia da alcaldesa ou en último caso de algún representante do Concello no debate xerado en Dez T.V a raíz da problemática laboral xurdida no Concello a raíz de entrar no goberno melidense o bipartito PSOE-BNG. A voceira do PP di estar convencida de que a non presencia de ninguén do Concello é froito da falta de argumentos para rebater tanto ó Grupo Popular como a sindicalistas e traballadores. O Grupo Popular cualificou a actitude de Socorro Cea e Manolo Prado de única, incrible e penosa ó entender que non pode haber políticos que se dediquen a facer continuos despidos improcedentes polos que o Concello foi condenado en 6 ocasións acarreándolle gastos que superan con creces os 60.000 € e ós que hai que engadir os derivados dos custos do proceso. Ánxeles Vázquez criticou que os melidenses teñan que pagar do seu bolsillo estas condenas que os xuíces impuxeron ó concello cando hai unha morea de obras que se podían acometer. A voceira do PP aclarou que estes despidos non son para rebaixar o número de traballadores, senón todo o contrario debido a que no capítulo de persoal se gastan 300.000 € mais ó ano que cando gobernaba o PP e instou a que se hai traballadores que non cumpren se lles abra un expediente cousa que ata o de agora non aconteceu polo que se entende que todos son verdadeiros profesionais polo que lles pide á alcaldesa que ó resto se lles deixe traballar. Ánxeles Vázquez cualificou ademais de inmoral certas actitudes por parte do goberno das cales son cómplices Socorro Cea e Manolo Prado e agarda que recapaciten.

ACTUALIZACIÓN (17-1-2010): Esta fin de semana vin en Melide un cartel do PSdeG no que deféndense do anterior cartel do PP, considerando que foi bastante inxusto, pois a mencionada contratación da muller do tenente de alcaldesa para o punto limpo foi un asunto puntual de 5 días a través da empresa concesionaria do servizo, ou sexa, unha actuación allea ao Concello, e algo bastante diferente a un posto de traballo.

ACTUALIZACIÓN (10-2-2010): David Barrio comunicoume o seguinte por correo electrónico:

A federacion de servicios da UGT vai a manter unha nova xuntanza coas limpadoras do Concello.
Ditas traballadoras a pesares de pertencer a unha empresa privada (xa que o Concello ten subcontratado dito servizo) están en moitos casos traballando con xornadas ridículas (menos de 8 mensuais) e outra serie de imcumprementos en materia legal.
Dende a UGT imos defender un traballo xusto e en condicións e non descartamos actuacións contundentes se isto non se cumpre. ESIXiMOS un cambio de conduta neste sentido

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS