Melide no blogue oficial do Xacobeo

Cun pouco de chiripa (a través dunha alerta de Google) atopei un par de vídeos no blogue oficial do Xacobeo no que visitan Melide. Por unha banda podemos ver...

Cun pouco de chiripa (a través dunha alerta de Google) atopei un par de vídeos no blogue oficial do Xacobeo no que visitan Melide. Por unha banda podemos ver unha coñecida tenda de comestibles en pleno Camiño, que supoño que coñece máis dun blogueiro:

E moi preto de alí tamén podemos ver un taller de bicicletas:

Atopar estas cousiñas a min faime máis ilusión que velas pola tele, a agardo que tamén haxa moito peregrino que dea con elas antes de facer a súa viaxe, ou incluso despois, para rememorar experiencias vividas no Camiño.

De todos os xeitos, teño que advertir que a primeira hora da mañá non debe verse o primeiro dos vídeos (se non queres quedar con fame ata a hora do xantar) 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS