A evolución no almacenamento de datos

Despois do nostálxico tema de onte, atopei en Boingboing un gráfico que publican en Geekologie no que ilustran rapidamente a evolución do almacenamento de música e datos nos últimos...

Despois do nostálxico tema de onte, atopei en Boingboing un gráfico que publican en Geekologie no que ilustran rapidamente a evolución do almacenamento de música e datos nos últimos anos:
A evolución do almacenamento de datos nos últimos anos
O gráfico parte dos diskettes, dando a entender que nunha memoria USB poderiamos meter uns 100.000 diskettes, e que nun iPod classic (120 Gb) poderiamos meter máis de 2.000 CD e máis de 28.000 singles. Se metemos na ecuación aos discos duros actuais (que chegan aos 2 Tb) xa a liamos, e aínda temos comparacións máis escandalosas.
¿Alguén contaba hai 20 anos cun incremento das capacidades de almacenamento tan brutal. Por exemplo, no 286 eu tiña un disco duro de 40 Mb, e agora o de máis tamaño que uso é de 1 Tb, ou sexa, 25.000 veces máis grande. Era algo imposible de imaxinar, porque os contidos que almacenabamos daquela ocupaban pouco, mentres que hoxe apenas optimizamos o tamaño dos ficheiros (chega con ver a animalada que ocupan os documentos de texto gravados con calquera paquete ofimático ou as fotografías de máis de 1 Mb para uso doméstico).
O que agora non queda nada claro é se seguiremos a contar con grandes discos duros, ou tenderemos a deixar o material na Rede, para acceder ao mesmo en tempo real. ¿Teremos discos duros multimedia con gravación no salón das nosas casas ou accederemos a todos os contidos baixo demanda? Hai moitos escenarios posibles, e o máis prudente sería apostar por todos á vez, pois é posible que convivan (a banda larga non pode ser realmente universal).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...