¡Canto cambiou a informática en pouco tempo!

Estou un pouco decepcionado porque ninguén comentou na entrada sobre a miña última intervención no Bos Días da TVG unha curiosidade brutal, relativa aos recursos gráficos que empregaron para...

Estou un pouco decepcionado porque ninguén comentou na entrada sobre a miña última intervención no Bos Días da TVG unha curiosidade brutal, relativa aos recursos gráficos que empregaron para acompañar ás miñas palabras:

Si, aparece unha persoa consultando a páxina web de Mancomún, no que claramente son uns recursos gráficos actuais pero, ¿non resultan moi rechamantes o resto de gráficos?
Acorn Archimedes A3000Pretendían ser imaxes xenéricas, elixidas a boa fe, pero o paso do tempo fíxoas envellecer moi mal, e certas secuencias pasan a obsolescencia por amosar cousas coma diskettes, o Netscape Navigator ou un flamante Acorn Archimedes A3000, equipo que saíu ao mercado en 1992. Aínda que non podo evitar a dúbida de se hai algún frikazo tecnolóxico na TVG que meteu esas imaxes por nostalxia. De ser así, a ver se hai sorte, e algún día pon algún ZX Spectrum +2, para facerme botar unha lagrimiña 😉

Os cambios na informática de consumo nos últimos anos van ser difíciles de disimular, e así, cando un ve unha película ambientada entre finais dos anos 80 e comezos dos 90, non percibe claramente a evolución tecnolóxica nas oficinas, pero agora temos detalles que van ser sumamente cantosos, coma o feito de que os monitores CRT están desaparecendo, e os TFT están a imporse de xeito rotundo, polo que cando nunha película ou serie de televisión vexamos un equipo algo vello será doado notar o cambio, o que tamén fará doado ambientar secuencias no pasado: pos a un tipo con gafas de pasta diante dun ordenador con pantalla de tubo e xa tes unha secuencia vella. Se logo atinas coa versión de Windows da época, levas premio.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS