Melide xa sae no Google Street View

Hoxe levei unha grata sorpresa ao comprobar que non só Santiago, Lugo, Vigo ou Coruña están accesibles a pé de rúa dende os mapas de Google senón que tamén...

Melide no Google Street View
Hoxe levei unha grata sorpresa ao comprobar que non só Santiago, Lugo, Vigo ou Coruña están accesibles a pé de rúa dende os mapas de Google senón que tamén as rúas de Melide poden visualizarse a través da Internet en 360 graos:

Visualizar o mapa ampliado

Google Street View no iPhoneA cousa non remata aí, senón que tamén é posible acceder a esta funcionalidade dende móbiles coma o iPhone ou os terminais co sistema operativo Android, que coma contan con pantallas táctiles fan o servizo moito máis intuitivo, e moverse polas rúas é toda unha pasada.
Tamén é curioso o feito de que, aínda que Google difumine as caras para protexer a intimidade dos transeúntes, é doado recoñecer a veciños paseando pola rúa. Convídovos a facer tal, que é bastante divertido.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS