Curioso parecido razoable televisivo

Ao ver a serie de televisión Miénteme non paraba de pensar, ¿de que outra serie coñezo a esa tía? E si, era Kelli Williams, de El Abogado, pero resulta...

Kelli Williams e Erin Gray
Ao ver a serie de televisión Miénteme non paraba de pensar, ¿de que outra serie coñezo a esa tía? E si, era Kelli Williams, de El Abogado, pero resulta que na miña cabeza faise outra asociación, e curiosamente penso que estou a ver un episodio de Buck Rogers no século XXV, pois non deixo de ver a Wilma Deering (interpretada por Erin Gray) cando miro para a compañeira de reparto de Tim Roth.
Fixándome non atopo tantas semellanzas (ata a estrutura do cráneo é diferente), pero non deixo de realizar a asociación entre as dúas actrices ata o feito de pensar que son nai e filla. Resúltame rechamante o detalle porque entre as dúas series de televisión que asocio hai unha separación de case 30 anos, e iso podería indicar que os cánones das últimas décadas non cambiaron tanto como podiamos pensar. ¿Acaso hai moita diferenza entre un episodio de o Buck de primeiros dos 80 cun do moderno Dr. Who?
O que si cambiaron máis son os papeis masculinos, pois aínda que case calquera das mozas que saían nas series de hai 30 anos encaixen ben nunha serie actual, coido que os heroes desa época hoxe darían o cante. Vaia, que un David Hasselhoff ou un Tom Selleck non serían protagonistas de series de acción actuais nin de coña.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS