Bos Días ás plataformas de redes sociais

Esta mañá falamos dos menores e as plataformas electrónicas para redes sociais no Bos Días da TVG, procurando quitar ferro ao asunto despois de que estes días alarmasen á...

Esta mañá falamos dos menores e as plataformas electrónicas para redes sociais no Bos Días da TVG, procurando quitar ferro ao asunto despois de que estes días alarmasen á poboación co tema da pornografía infantil a través da Internet:

Coma fomos mal de tempo quedaron bastantes cousas no tinteiro, polo que supoño que en vindeiras semanas retomaremos a cuestión.
De todos os xeitos quero deixar claro que estou totalmente a favor de que os menores de 14 anos poidan facer uso de ferramentas coma Tuenti ou Facebook, pois hoxe en día son elementos de comunicación tan válidos coma o correo electrónico ou o teléfono móbil. Tamén reitero que de querer manter a seguridade nestes ámbitos as barreiras tecnolóxicas non serven de moito, mentres que a educación si pode evitar algunha desagradable sorpresa.

Aproveito a ocasión para suxerirvos que sigades ao programa da TVG a través de Twitter ou mesmo na súa páxina en Facebook (xa ten 340 seareiros), onde publicaron onte un impresionante fenómeno Poltergeist.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS