O iPod nano evoluciona e o iPod Touch medra

A pasada noite comezou o Expreso de medianoite na Radio Galega e estiven a comentar con Pepe Carreira as novidades que Apple presentou esta semana no tocante aos seus...

Pepe Carreira
A pasada noite comezou o Expreso de medianoite na Radio Galega e estiven a comentar con Pepe Carreira as novidades que Apple presentou esta semana no tocante aos seus reprodutores multimedia portátiles:

iPod nano con radio FMO certo é que o cambio do iPod nano foi toda unha sorpresa, pois o feito de que integre cámara de vídeo, micrófono e sintonizador de radio FM é todo un salto evolutivo que supoño que nos vindeiros meses copiarán o resto de trebellos de Apple.
O iPod Touch pola súa banda chega ata un modelo de 64 Gb, o que é toda unha animalada se temos en conta que segue a pesar e medir o mesmo, aínda que admito que con esas capacidades xa dá un pouco de medo, polo feito de que se o perdes deixas no camiño moito material multimedia (aínda que ao aceptar vídeo hai que admitir que é moi práctico, pois así pode acoller tempadas completas de series de televisión para poder repasar os seus episodios durante unha viaxe).

Tamén constatan que o iPod Touch e o iPhone están a competir directamente coa PSP e a Nintendo DS, o que non se nota moito en España (onde o iPhone non ten tanto éxito coma nos EE.UU.) pero os estudos de videoxogos están encantados co novo panorama, pois poden conseguir un retorno do seu investimento case inmediato, de xeito que se fan un xogo rechamante, nun par de semanas acumulan milleiros de vendas conseguen xa beneficios sen ter que esperar unha chea de meses como nas plataformas de distribución tradicionais. Amais, desenvolver para o iPhone é traballar para 1 trebello, e non para corenta formatos distintos coma cando fan xogos xenéricos para o móbil, de aí que non debería pillarnos por sorpresa que Sony vaia lanzar o día 1 de outubro a PSP Go, consola portátil que tirará das descargas dixitais, e da que xa anuncian que é doado portar os xogos de iPhone a esta plataforma (o que supoño que estará feito a posta).

O panorama dos trebellos portátiles non para de evolucionar, aínda que é moi descarado que Apple pisa o freo para dosificar as novidades (supoño que detalles como a radio FM irán pasando pouco a pouco por todos os seus reprodutores). Se a xente segue a picar supoño que fan ben 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...