Viñetas desde o Atlántico en RadioVoz

Esta mañá Fernando Molezún entrevistou en Voces de Galicia de RadioVoz a un tal Juan Carlos Sanmiguel, que seica é o nome que os pais puxeron a Sami 😉...

SamiEsta mañá Fernando Molezún entrevistou en Voces de Galicia de RadioVoz a un tal Juan Carlos Sanmiguel, que seica é o nome que os pais puxeron a Sami 😉 , para falar da que están a armar no contorno das casetas desta edición de Viñetas desde o Atlántico.
Aínda que Sami non bota sal á ferida, queda claro que houbo un problema de coordinación e hoxe mesmo aínda non estará todo ao 100%. De todos os xeitos, e aínda que os frikis esteamos un tanto marxinados, a cousa ten pinta de que vai resultar divertida,e ao final é o que importa.
Iso si, botar unhas partidas aos videoxogos paréceme ben, especialmente ao Guitar Hero (¡teñen unha recreativa do xogo no centro comercial El Puerto!), pero agardo que o xogo de loita elixido finalmente non sexa Tekken (ata que chegue o Tekken 6 estamos ante un título exclusivo de Sony). ¿Sería moito pedir o Street Fighter IV?
Tedes a intervención completa de Sami a continuación:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS