Obradoiro de Joomla en Melide

Hoxe unha nova en La Voz deixoume un tanto flipado: La Fundación Comarcal de Melide divulga nuevos cursos de software libre en agosto La Fundación Comarcal de Melide cogerá...

Hoxe unha nova en La Voz deixoume un tanto flipado:

La Fundación Comarcal de Melide divulga nuevos cursos de software libre en agosto

La Fundación Comarcal de Melide cogerá en agosto, concretamente del 1 al 8, y en horario de 10 a 14 horas un nuevo curso informático en los locales del ciber. En esta ocasión de trata de un taller de Joomla, uno de los mejores manejadores de contenidos (CMS) de software libre.

La participación en el taller tendrá un coste de quince euros y los interesados deberán comunicarlo previamente e inscribirse en la propia Fundación Comarcal, o en la asociación local de software libre, promotora de numerosas actividades y jornadas de divulgación.

Así, una de las últimas actividades desplegadas fue a mediados de este mismo mes una sesión tutorial coordinada con otros telecentros de Galicia para aprender a buscar trabajo a través de la red, una sesión a la que asistieron numerosas personas, especialmente jóvenes, en las dependencias del telecentro de Melide. Se trató de una sesión corta, de poco más de una hora, y también abierta y gratuita.

También en el instituto melidense se celebraron unas jornadas sobre software libre, que es la denominación del software que respeta la libertad de los usuarios sobre su producto adquirido y, por lo tanto, una vez obtenido, puede ser usado, copiado, estudiado, modificado y redistribuido libremente. Conlleva la ventaja no solo de estudiar el funcionamiento de un programa sino también de adaptarlo a las necesidades de cada usuario.

Pero, ¿qué é o raro da nova? Pois que a nova ten certas semellanzas :

Taller de Joomla en Melide

Melisa vai a celebrar o seu primeiro taller de Joomla en Melide. Terá lugar os vindeiros 1 e 8 de agosto, en horario de 10 a 14 horas, e o lugar de celebración será o ciber da Fundación.
Todos aqueles interesados en asistir deben comunicalo previamente a través dun correo electrónico a melisa.melide@gmail.com, ben poñendose en contacto con calquera dos membros da directiva, ou na propia Fundación.

O taller terá un custo de 15 euros, que serán integramente destinados á financiación da Asociación.
Algúns dos contidos a ver neste taller son os seguintes:
Descarga e instalación nun servidor web.
Xestión do diseño (plantillas).
Xestión de contidos. Introducción e modificación de artigos.
Xestión de usuarios.
Instalación de módulos e compoñentes.
(Actualización). Os asistentes que así o desexen, poden traer o seu equipo portátil.

Ou sexa, que se o entendín ben, en La Voz de Galicia deron toda a información mal, pois erraron as datas (días 1 e 8 non é o mesmo que do 1 ao 8 ) e o lugar (o obradoiro será no cíber da cervexaría A Fundación e non nas oficinas da Fundación Comarcal).

Medo dá o rigor co que publican este tipo de novas (¿chegaron os bolseiros á redacción?). De todos os xeitos, xa o sabedes, se estades interesados en introducirvos no mundo do xestor de contidos Joomla, esta é unha boa oportunidade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...