Sintonizador de TDT con gravación por USB de oferta

Nos últimos días varios xornais lanzaron promocións de receptores de TDT coa posibilidade de gravar o sinal televisivo en unidades de memoria USB ou discos duros externos, xuntando cupóns...

Sintonizador de TDT con gravación
Nos últimos días varios xornais lanzaron promocións de receptores de TDT coa posibilidade de gravar o sinal televisivo en unidades de memoria USB ou discos duros externos, xuntando cupóns e pagando uns 30 euros, pero a xente de APP Informática vén de lanzar unha impresionante promoción ata o 27 de agosto (ou fin de unidades) a través da que venden o sintonizador NPG DTR 506C PVR por só 25 euros, polo que non hai que andar pendente de cupóns nin nada semellante para ter un trebello moi interesante, que serve tanto para gravar da tele (con calidade dixital) como para reproducir películas en DivX (coido que non soporta audio en AC3, aínda que iso non é moi importante, e o compensa sobradamente ao ter un porto USB 2.0, o que fai que certos vídeos non vaian a tiróns).
Gravar en memorias USB ou en discos duros externos é habitualmente mellor que gravar nun disco duro interno, pois permite copiar logo os vídeos ao ordenador para recompilalos en DVD, quitar os anuncios ou comprimir as gravacións a DivX. Vaia, que quen pense en mercar un receptor de TDT, esta opción resulta moi atractiva.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...