Concerto de Álvaro Muras en Melide

Non sei a santo de qué daríalles o arrebato aos de R, pero o vindeiro día 26 ás 21:00 horas organizan un concerto de Álvaro Muras en Melide. Esta...

Álvaro Muras en MelideNon sei a santo de qué daríalles o arrebato aos de R, pero o vindeiro día 26 ás 21:00 horas organizan un concerto de Álvaro Muras en Melide.
Esta iniciativa está englobada nunha serie de concertos que o operador galego do cable organiza patrocina en xullo e agosto por distintas vilas galegas (coa organización de XpressionK).
Admito que non coñezo para nada a este artista coruñés de funk fusión, aínda que polo que podemos ver nunha gravación dunha actuación súa no rock bar La Diablita non parece manco:

ACTUALIZACIÓN (24-7-2009): Álvaro Muras comentoume por correo electrónico que a súa xira está patrocinada por R, pero a organización é cousa da asociación cultural Xpressionk Galiza.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS