A xente de Google estase a pasar… ao escritorio

A prensa está que rabea co anuncio de que Google vai lanzar un sistema operativo para ordenadores ultraportátiles, e vende o asunto coma un enfrontamento con Microsoft: Os da...

A prensa está que rabea co anuncio de que Google vai lanzar un sistema operativo para ordenadores ultraportátiles, e vende o asunto coma un enfrontamento con Microsoft:
Portadas de Público e El País
Os da Radio Galega preguntáronme esta mañá sobre o tema:


Comentar cousas sobre o Chrome OS non deixa de ser elucubrar, pois aínda falta máis dun ano para o lanzamento do produto, que ten toda a pinta de ser un Linux máis, pero moi capado, para centrarse na Internet, polo que non me atrevo a auspiciarlle un bo futuro, pois ata o momento os Linux para ultraportátiles só teñen rexeitamento por parte dos usuarios, que prefiren usar o coñecido Windows XP.
Aínda que moitos usuarios poidan estar conformes cun ordenador parvo, que tira da Internet para todo, eu admito que non gusto nada do tema por varios motivos, entre os que está que teño medo de que Google gañe aínda máis poder do que xa ten e o feito de que cada vez que merquei un PC novo percibín o incremento de rendemento con respecto do equipo anterior, o que dificilmente pasará se dependemos de servidores na Internet.
Vaia, que xa estou a ver aos ghichos de Microsoft dicindo aquilo de mira como tiemblo.

Pero unha das cousas das que menos gusto do Chrome OS é que usurpa o nome dun produto que teño moi asociado á miña infancia:
cromos
Si, os cromos marcáronme, e aínda lembro con cariño a colección dos Transformers e a de Dragonball, aínda que a maior frikada da época eran os albums de adhesivos con logotipos de marcas. ¿Alguén máis os lembra?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS