Un camión innovador envorca incorporándose á Avda. de Alfonso Molina

Y otro. Y otro. Y otro Perrito Piloto. Patricia Ferrol remitiume esta mañá fotografías dun camión que quere ser diferente, e en vez de envorcar indo da Avda. de...

Y otro. Y otro. Y otro Perrito Piloto. Patricia Ferrol remitiume esta mañá fotografías dun camión que quere ser diferente, e en vez de envorcar indo da Avda. de Alfonso Molina a Matogrande, faino en sentido contrario:
camión envorcado
O accidente sorpréndeme bastante máis que os outros, porque nesa curva hai que pisar bastante o freo, xa que incorpórase a unha vía na que hai moito tráfico:
A Vedra petada de coches
O camión vén dunha vía limitada a 50 Km/h tras saír dunha rotonda (ou facendo un cambio de sentido dende Alfonso Molina), polo que non creo que que puidera ir moi deprisa. Vaia, que só podo explicarme o acontecido cun despiste monumental do condutor, que tardou en decatarse que tiña que parar de todo para incorporarse a unha estrada con moito tráfico.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS