Chegan as rebaixas aos DVD

Coa chegada do verán, chegan tamén as rebaixas aos DVD, e eu habitualmente utilizaba como estratexia de compra a seguinte: – Facía unha listaxe de películas e series que...

Coa chegada do verán, chegan tamén as rebaixas aos DVD, e eu habitualmente utilizaba como estratexia de compra a seguinte:
– Facía unha listaxe de películas e series que estaba interesado en mercar
– Ía ao Corte Inglés para aproveitar o seu desconto do 35% para 3 ou máis películas nunha primeira compra na que adquiría o que tiñan na tenda (normalmente menos da metade do que quería mercar)
– Completaba o resto das películas pedindo a DVDgo cun desconto do 20%

Deixaba fóra da ecuación á FNAC, porque pese a que teño o carné de socio, mercar alí durante as rebaixas non saía a conta. Pero este verán cambian as tornas, porque a situación é a seguinte:

El Corte Inglés fai un desconto do 20% para 2 DVD e un 35% para 3 ou máis
Rebaixas de El Corte Inglés

– A FNAC fai un desconto do 30% sen importar o volume de compra
Rebaixas de DVD na FNAC

DVDgo tamén fai un desconto que habitualmente é do 30%
Rebaixas en DVDgo

Dá a impresión de que El Corte Inglés é a tenda cos mellores prezos, pero hai que ter en conta que unha película mercada no Corte co 35% de desconto pode ser máis cara que mercada noutras tendas co 30% (depende do prezo que marque, que non é igual en todas as tendas). Logo está o problema de ter que mercar sempre as películas en cantidade (que non resulta nada agradable, pois as rebaixas duran 2 meses e de poder dosificar as compras é de agradecer) e que, cando menos na Coruña, o catálogo de filmes dispoñibles deixa moito que desexar.
Logo, DVDgo cobra portes agás que fagas un pedido superior aos 69 euros, polo que está ben para facer un único pedido no verán.
Así pois, por primeira vez, a FNAC é a miña canle de compras preferida no verán polo feito de permitir adquirir peliculas e series soltas co 30% de desconto, contar con bastante fondo na Coruña e aceptar pedidos a través da web con recollida na tenda.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS