Cómo perder a credibilidade ao recibir un premio

Nun principio recibir un galardón é algo positivo, pero coido que hai ocasións nas que é mellor calar. generic propecia online pharmacy Un exemplo podería ser o da nova...

Blog do CTE do COAG
Nun principio recibir un galardón é algo positivo, pero coido que hai ocasións nas que é mellor calar.

Un exemplo podería ser o da nova que vin hoxe na Voz:

El blog de los arquitectos gallegos, premio nacional

El Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España ha dedicado una mención especial en el concurso de innovación a los servicios colegiales al Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. El motivo de la distinción es el blog sobre la implantación del Código Técnico de Edificación.

La bitácora (http://blogcte.coag.es) ha recibido 400.000 visitas mensuales.

Coido que difuncir este tipo de informacións pode ser negativo para o COAG por varios motivos:
– Unha mención especial, ¿é un premio nacional?
– Se o blog mencionado recibise 400.000 visitas mensuais sería un dos principais medios de comunicación de Galicia, superando sobradamente a Galiciaé (El Progreso, Diario de Pontevedra, De Luns a Venres e Galicia Gastronómica ¡xuntos!) que non chega ás 285.000 visitas/mes. De feito, se miramos en Technorati o devandito blog, resulta que é irrelevante. Incluso na propia web de COAG mencionan que nos 10 primeiros meses de 2008 sumou 147.932 visitas, ou sexa, unhas 15.000 visitas/mes, o que é un moi bo número de visitas para un espazo tan especializado.
– Pero o peor de todo é que se intento visitar o blog dende o meu ordenador, non podo, porque resulta que está infectado por un verme informático:
Intentando acceder ao blog do CTE dende a web de COAG
Dáme carraxe que aconteza algo así porque o blog mencionado é unha iniciativa magnífica, pero intentar venderlle fume á prensa (a nova tamén aparece no ABC, con máis discreción que na Voz) e deixar que se lles cole unha ameaza informática coa que poderían estar a prexudicar aos seus visitantes (que ao saír na prensa poden ser moitos máis dos habituais) eclipsa o bo facer dos responsables do blog.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS