Outro camión envorcado na Vedra

A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o...

camión envorcado na Vedra
A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o vindeiro venres a nova película dos seus colegas, pero cansou de andar tantas horas na estrada e decidiu botar unha soneca.

Unha vez máis a vista que ten Patricia dende o seu piso demostra ser de grande relavancia xornalística, e non me sorprendería ver as súas instantáneas mañá en boa parte da prensa coruñesa/galega.

ACTUALIZACIÓN: A nova xa sae en La Voz, aínda que sorprende que non a cubriran eles directamente (a nota é de axencia). Cando pasei por alí á 1 do serán estaban a retirar o camión cunha grúa.
Na nova publicada din que a curva é moi pechada para vehículos pesados, e aínda que si o é, paréceme imposible envorcar un vehículo se toman a curva á velocidade recomendada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS