A reportaxe non emitida pola TVG

Estes días están a falar dun acto de censura na TVG, o que creo que é un pouco esaxerado, pois as canles de televisión non emiten normalmente todo o...

Estes días están a falar dun acto de censura na TVG, o que creo que é un pouco esaxerado, pois as canles de televisión non emiten normalmente todo o que mercan (¿Acaso lembrades ver as últimas tempadas de Expediente X en Telecinco? ¿Foi iso censura?).
Por se queredes ver o vídeo para despois opinar con propiedade, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Despois de tanto rebumbio parece ser que só demoraron a emisión do documental, o que supoño que vai disparar a súa audiencia (polo morbo).

ACTUALIZACIÓN (5-6-2009): A reportaxe emitirase o vindeiro martes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS