¿Qué está a pasar con DVDgo.com?

A semana pasada comentei a unha amiga que DVDgo estaba a facer algo bastante cutre, pois sendo unha tenda de películas a través da Internet, pechaba durante uns días...

oferta de series de televisión en DVDgoA semana pasada comentei a unha amiga que DVDgo estaba a facer algo bastante cutre, pois sendo unha tenda de películas a través da Internet, pechaba durante uns días para facer cambios nos seus sistemas, e ao volver a estar operativa a cousa non podía ir peor. Así, o martes recibín por e-mail un anuncio no que avisaban dunha oferta na que unha inmensa selección de series de televisión podía adquirirse co 40% de desconto, e aínda hoxe non fun quen de ver esta oferta completa, porque a páxina non para de dar erros ou, simplemente, tarda minutos en responder… ¡incluso a altas horas da madrugada!
DVDgo.com funciona coma o carallo
Pero iso non é o peor de todo, senón que tras o peche técnico da semana pasada, a tenda cambiou totalmente de plataforma, de xeito que borrou todos os meus datos agás a ficha de usuario, o que me impide consultar os meus pedidos anteriores e, o máis grave, deixoume sen a miña relación de películas favoritas, que tiña marcadas para poder comprobar o seu prezo para adquirilas cando estives baratas. Vaia, que con este tipo de caralladas están a perder moitas vendas, e dan unha imaxe francamente mala.
O feito, feito está, pero non podo deixar de queixarme para que unha tenda en liña que considero de referencia volva ao rego. Agardo que os responsables desta desfeita aprenderan dos seus erros.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...