Velaquí a memoria USB que regalaba a Xunta

O pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que...

Carta recibida
O pasado día 8 avisaba de que co gallo do día da Internet a Consellería de Economía e Industria estaba a regalar 7 memorias USB ao día, das que 1 viña de tocarme, e agora, 3 semanas despois, sorprendeume o carteiro traéndome un sobre (¿sobre?) que ao abrir vin que traía unha tarxeta ríxida. U-la memoria USB?
Memoria USBNa web do sorteo aparecían pendrives de 5 cores distintas e iso nun sobre abultaría bastante. Pero resultou que esas imaxes eran só promocionais, e a memoria USB estaba integrada na tarxeta de visita que viña no sobre.
Só ten 1 Gb de capacidade, e resulta bastante incómoda de conectar, pero para o que si é moi práctica e para levala na carteira coa documentación, de xeito que podemos viaxar sempre con algúns datos de interese ou documentos importantes que nos poidan sacar dun apuro (e incluso varias aplicacións portables). Agradecido quedo (especialmente porque o tema deu para 2 entradas neste blogue).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...