¡Feliz Día do Orgullo Friki!

Hoxe é o aniversario da estrea da película Star Wars e tamén conmemórase o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía del Autoestopista Galáctico) de aí que fose unha...

Hoxe é o aniversario da estrea da película Star Wars e tamén conmemórase o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía del Autoestopista Galáctico) de aí que fose unha boa data para celebrar o Día do Orgullo Friki, que Manel Fontdevila ilustrou dun xeito curioso:
Orgullo Friki por Manel Fontdevila
Aínda que dubido moito que haxa geeks entre os candidatos ás Europeas, pois en España temos a desgraza de que a palabra friki ten moitos significados (freak, geek e nerd son cousas distintas en inglés).
¿Terei o valor de celebrar este día vendo Dragonball Evolution? ¿Será tan fina a liña que separa o frikismo do masoquismo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS