A banda larga fai perder o siso aos pontevedreses

En Microsiervos veñen de dar conta cunha simpática errata na web de La Voz de Galicia: Paréceme bastante raro que aínda non corrixiran o gazapo porque a súa publicación...

En Microsiervos veñen de dar conta cunha simpática errata na web de La Voz de Galicia:
Arranca en cuatro concellos el plan provincial de acceso a Internet por banda ancha sin cabales
Paréceme bastante raro que aínda non corrixiran o gazapo porque a súa publicación en Microsiervos a está a expor bastante.

Aproveito a ocasión para felicitar á xente de Agolada que teña a sorte de poder entrar na experiencia piloto (a ver se lle toca a algún dos blogueiros que coñecín o ano pasado nos Pendellos da vila), aínda que de seguro que todos preferirían que fose a propia Telefónica a que levase o ADSL ao seu concello.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS