Programación política en Radio Melide

O pasado luns, a web do Concello de Melide informaba de novidades na radio municipal: NO 107.1 DA FM Radio Melide estrea programación con espazo, por primeira vez, para...

O pasado luns, a web do Concello de Melide informaba de novidades na radio municipal:

NO 107.1 DA FM
Radio Melide estrea programación con espazo, por primeira vez, para todos os grupos políticos
A radio municipal de Melide (107.1 FM) está estreando unha nova programación na que, por vez primeira, teñen cabida as voces de todos os grupos políticos de Melide. O contacto directo coas parroquias, un novo pulo aos informativos e o concepto de radio como servizo público son os alicerces da nova emisión, que ten produción propia de 10 a 19 horas.

Radio MelideRadio Melide estrea estes días unha nova programación que responde, segundo palabras da concelleira de Medios de Comunicación, Anabel Ramos “á necesidade de que todos os melidenses sintan cando a escoitan que forman parte desta radio”. De entre os cambios máis importantes introducidos nesta nova grella de contidos, a concelleira responsable destaca que “por primeira vez terán cabida as voces dos partidos políticos que teñen representación no Concello de Melide, algo inédito na emisora municipal, posto que durante os gobernos do Partido Popular os demais partidos da corporación tiñan vetada a súa voz”.
Desta maneira, todos os mércores, ás 17 horas, abrirase o Espazo político, no que participará cada mércores un representante dos tres grupos con praza no pleno municipal, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista, para facer un repaso pola actualidade e responder ás preguntas ou suxestións que poidan achegar os oíntes a través do teléfono ou do correo electrónico (radiomelide@concellodemelide.org).
Para a representante do goberno neste eido, Anabel Ramos, “este é un exemplo doutro xeito de facer política, de democratización dos servizos municipais, entre os que queremos que a radio desenvolva un papel fundamental de cohexión entre a veciñanza e como voz de todo un pobo”.
Na nova programación de Radio Melide, que se desenvolve ininterrompidamente entre as 10 da mañá e as 19 h do serán de luns a venres, e de 11.30 a 14h os sábados, incluíronse novos espazos e reforzouse o tempo dos informativos. A radio local ten así unha programación distinta cada día, mantendo ás mañás o tempo das dedicatorias e dando protagonismo aos oíntes, a través do magazine da tarde. Dende o equipo de goberno destacan que “o reforzo e profesionalización da programación da radio debe ser tamén unha razón para que as casas comerciais de Melide se anuncien na radio municipal, e ter unha radio na que estean representados todos os sectores do noso Concello”.
Sobre a actualidade Alén da música, que sempre foi protagonista de Radio Melide, e que agora tamén estará presente ollando especialmente á actualidade, a nova programación pivotará constantemente sobre os acontecementos que marquen cada mes no Concello de Melide. Así, dende este mesmo luns a radio municipal abordará de xeito específico a temática da Festa do Melindre, que se celebra o segundo domingo de maio (día 10). Para iso, a radio está a realizar xa concursos nos que participan todas as casas reposteiras de Melide, ofrecendo os seus produtos, nun xeito de promocionalos en colaboración coa radio municipal. 
Cada semana realizarase ademais unha rolda informativa na que as locutoras da radio falarán con veciños e veciñas das distintas parroquias de Melide, implicándoos directamente e dándolles voz na radio municipal.
Outra das iniciativas destinadas a crear unha programación máis diversa, plural e dinámica é a introdución de espazos fixos con colaboracións de distintas personalidades. Aínda que a idea é implicar nesta sección a distintos persoeiros, polo momento xa é fixa a colaboración do escritor Xosé Vázquez Pintor, que dá nome á biblioteca de Melide, cada venres ás 17h.

Esta información levou ao PP de Melide a remitir a seguinte nota de prensa:

EL PARTIDO POPULAR DE MELIDE: DEVUELVE A CEA EL “GUANTE” DE PARTICIPAR EN LA RADIO MUNICIPAL, ENVUELTO EN DEMOCRACIA TRANSPARENTE

El Partido Popular de Melide, le recuerda a la alcaldesa Cea, que el perfeccionamiento de la vida democrática pasa obligatoriamente por la transparencia y por las decisiones que favorezcan el debate. El Partido Popular de Melide acepta participar de forma periódica en la radio municipal, Radio Melide, en un espacio de debate entre las fuerzas políticas con representación en el Concello. Un espacio que fortalezca la democracia sobre las cuestiones que afectan al Concello de Melide.
Considerando que de lo contrario, el programa sería un monólogo político, en el que primaria una mecánica repetitiva de argumentos sin posibilidad de confrontar ideas.

También le recuerda el Partido Popular a la alcaldesa Cea, que haciendo buen uso de la tecnología y del binomio democracia-transparencia, los Plenos del Concello de Melide deberían retransmitirse por la radio municipal y por la página web del Concello, evitando así filtros mediáticos y para que todos los vecinos puedan ser conocedores de primera mano de lo que en el Pleno Municipal se debate.

Supoño que todo este exercicio de transparencia será ben recibido pola cidadanía, e súmome á petición de que publiquen o audio dos plenos e do novo programa de radio na páxina web do Concello, pois así non só podemos estar ao tanto os que non estamos en Melide durante a semana, senón que tamén serviría de fonoteca, para rexistrar o que din os nosos representantes no exercicio da súa función. Amais, se o son o publican coma podcast, xa sería o máximo da modernidade 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Grande éxito da XXVI Festa do Melindre

    Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...