Movistar lanza unha tarifa para tatexos

El Mundo Today publica hoxe unha nova realmente curiosa: A CAMPAÑA LEVANTA A POLÉMICA Movistar lanza unha tarifa para tartamudos A compañía de telefonía móbil líder en España anunciou...

El Mundo Today publica hoxe unha nova realmente curiosa:

A CAMPAÑA LEVANTA A POLÉMICA
Movistar lanza unha tarifa para tartamudos
tarifa tatexos de Movistar
A compañía de telefonía móbil líder en España anunciou esta semana un plan de essay order tarifas especial para tartamudos cuxo slogan é ” Movistar-tar-tar-tar-tatexa contigo”. A comunidade de tartamudos, lonxe de agradecer a campaña, considera que é denigrante e pensa boicoteala. Dende Movistar non entenden o rexeitamento. Non sabe un como acertar” se lamentaba onte por teléfono Javier Aguilera Arauzo, responsable da empresa.

“Tratamos de favorecer ás minorías, temos unha gran vocación de servizo porque sabemos que o noso negocio son as palabras e as emocións das persoas. Fai pouco menos dun ano recibimos unha carta dun señor que dicía que era tartamudo e que se pasaba moito anaco ao teléfono para dicir cousas como estou a chegar’ ou ‘feliz Ano Novo’. E ben, intentamos responder ás súas queixas. O que pasa é que Movistar é sempre vítima de críticas inxustas” prosegue Javier Aguilera.

A Fundación Española da Tartamudez considera xusta a tarifación especial, o que critica é a campaña mediática: no anuncio de televisión pode verse un actor facendo ver que tatexa mentres fala por teléfono e nun segundo plano unha ventá mostra como van pasando as estacións do ano. “A promoción é correcta e necesaria, pero parece que a fixesen só para ter a oportunidade de rir de nós” comentaba o presidente da Fundación nun comunicado oficial. O que máis molestou é que para acollerse ao “Plan Tartamudos” hai que chamar por teléfono ao 609, onde as operadoras obrigan recitar ao cliente poemas e trabalinguas para que demostre o seu tartamudez. Movistar asegura que o sistema trata de evitar que usuarios “non-aptos” se aproveiten da oferta.

” Que imos facer agora coa remesa de baterías de dous quilos que encargamos? Iamos regalárllelas aos que se acolleran ao plan porque entendemos que a súa seguinte preocupación podía ser a duración da batería. Que máis podemos facer? Hai dous meses enviamos iPhones gratis á Asociación de Axuda contra o Parkinson e devolvéronnolos cunha carta que contiña expresións que intento esquecer” confesa Aguieira.

A semana que vén Movistar anunciará o “Plan Bipolar” co lema “Paga o mesmo esteas do humor que esteas”. Imos ter especial coidado coas nosas campañas a partir de agora, non queremos máis decepcións. Hai tres persoas de baixa por depresión no departamento de Mercadotecnia. Pero estámolo a facer ben, non creo que o slogan ‘Chámate a ti mesmo co Plan Dobre Personalidade de Movistar’ poida ofender a ninguén, nin tampouco a promoción Esquizo, que permite enviar SMS a 0,03 céntimos a ‘esa vocecita que che di que mates á xente’ “.

Supoño que tras ler o texto entenderedes que El Mundo Today non é un medio serio, e esta nova de carallada pareceume ideal para recomendarvos visitar esa páxina na que podedes atopar animaladas realmente simpáticas como as seguintes:
Dous mozos esnifan a fronteira (a raia) con Portugal
Un escuadrón de gatos islámicos atentan contra o can de Obama
TVE repite o seu último informativo porque a xente non o entendeu
Matías Prats vai ser substituído por Loquendo
Atopan unha boa persoa en Cantabria
Bertone: Deus distínguenos dos Ewoks
Supoño que todos estes textos teñen que saír dalgunha mente enferma e/ou xenial, e aínda que ler o medio diariamente sexa algo pesado, botar un ollo de cando en vez é moi recomendable… especialmente se tes alguén ao lado que pensa que a nova vai en serio 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS