E agora, ¿a hora porno de Bill Cosby?

Admito quede cativo non perdía un episodio de La Hora de Bill Cosby, pero acepto que hoxe a serie pareza unha ñoñería absoluta, da que apenas lembro 2 detalles:...

Admito quede cativo non perdía un episodio de La Hora de Bill Cosby, pero acepto que hoxe a serie pareza unha ñoñería absoluta, da que apenas lembro 2 detalles: as parodias que fan en Padre de Familia e Lisa Bonet (especialmente na película Alta Fidelidad).
Non esperaba que fosen capaces de facer unha parodia porno da serie, titulada Not The Cosby Show XXX, que xa conta cun trailer non pornográfico:

Esperaba unha trapallada, ¡pero o fulano é cuspidiño! E incluso a intro quedou moi semellante á da serie orixinal:

De todos os xeitos, ¿non se están a pasar un pouquiño con estas parodias? É que unha cousa é facer coñas con Star Wars e Star Trek, e outra ben diferente ir a polas series de televisións familiares. Vaia, que como a cousa continúe así xa estou vendo como mancillan Cosas de Casa ou El Príncipe de Bel-Air. Que tomen un atallo, e vaian directamente a facer os Telefuckies ou unha versión erótica dos Lunnis.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS