Descontextualizar é moi perigoso

Sacar unha frase de contexto pode levar a malentendidos, que tanto poden resultar graciosos como tráxicos, e hoxe levei toda unha sorpresa ao ver a portada de El Correo...

Sacar unha frase de contexto pode levar a malentendidos, que tanto poden resultar graciosos como tráxicos, e hoxe levei toda unha sorpresa ao ver a portada de El Correo Gallego, na que un subtítulo prestábase a unha interpretación sexista realmente bestia (pero que seguro que a algunha xente fai sorrir):
A las mujeres les falla el cerebro y a los hombres el corazón
Si, si… líchedes ben… ¡os homes somos uns desalmados e as mulleres unhas descerebradas! Quen lea a nova completa verá que non van por aí os tiros, senón que están a falar das causas de mortalidade en Galicia, en contraste co incremento de centenarios en toda España.

Pero ese non é o único caso que vin hoxe, senón que nunha nova sobre a alcaldesa de Silleda podemos confundir o segundo apelido da socialista Paula Fernández Pena cun sustantivo descriptivo:
Pena: Si lo que quiere el PP es mi dimisión, van dados
Ao populares seguro que lles dá moita pena que a alcaldesa non dimita 🙂

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS