Repaso de estreas frikis

Tras a chegada de Watchmen temos unha chea de películas aptas para frikis nas carteleiras cinematográficas, das que quixera facer un repaso para ir apuntándoas na axenda: 3 de...

estreas frikis
Tras a chegada de Watchmen temos unha chea de películas aptas para frikis nas carteleiras cinematográficas, das que quixera facer un repaso para ir apuntándoas na axenda:

3 de abril: Fast and Furious: Aún más rápido
Monstruos contra Alienígenas
8 de abril: Dragonball Evolution
1 de maio: X-Men Orígenes: Lobezno
8 de maio: Star Trek
5 de xuño: Terminator Salvation
24 de xuño: Transformers: Revenge of the Fallen
3 de xullo: Ice Age 3
17 de xullo: Harry Potter y el Príncipe
7 de agosto: G.I. Joe
21 de agosto: Inglorious Basterds
18 de setembro: Crank 2

Este calendario cinematográfico ten bastante mérito, porque conseguiron que non haxa coincidencias na axenda (agás o 3 de abril, pero é un caso pouco importante porque as películas van dirixidas a un público moi distinto) e practicamente dosificaron as frikadas a 2 por mes, de xeito que así aseguran que cando menos unha leve á xente ao cine.
O que non son quen de facer é adiviñar cales serán os grandes éxitos do ano, aínda que supoño que a peli de Harry Potter e a de Transformers son as que teñen máis papeletas para rachar con todo. A acollida da nova de Terminator ou da de Wolverine é todo un enigma (aínda que deberían ir de fábula), supoño que Star Trek e G.I. Joe terán uns resultados máis discretos e a película de Dragonball Evolution tenme intrigado, pois aínda que antes de vela todos a poñen a parir, podería arrastrar a moita rapazada aos cines.

O workprint de X-Men Orígenes: Lobezno

As miñas dúbidas sobre a nova película de Wolverine (Lobezno, aínda que debería dicir Glotón) increméntanse trala filtración á Internet este mércores dunha copia de traballo da película, que é unha versión da mesma sen rematar para que os técnicos teñan referencias para meter efectos especiais e outros cambios que aínda non están incorporados á produción, o que dá unha sensación moi mala da obra, que parece de serie B, cando é todo o contrario.
Dito doutro xeito, a copia filtrada carece de case todos os efectos especiais (agás os que podemos ver no trailer da película), de xeito que serve para captar o argumento pero non para gozar da obra, polo que non recomendo a súa visualización. Amais, faltan escenas adicionais que gravaron con posterioridade, que entre outras cousas poderían incrementar o papel de Masacre para poder darlle unha película de seu máis adiante.
Vou ilustrar un pouco cómo é a copia filtrada á Rede para intentar convencervos de pasar dela. En primeiro lugar, admitir que a imaxe ten calidade de DVD:
calidade de DVD
Pero iso non compensa que detalles coma os cables que empregan os actores en escenas de acción aínda non fosen eliminados:
cables
Os efectos de fondos posproducidos son un mero borrador, de xeito que quedan tan cutres como nas películas dos anos 60:
fondos mal insertados
Os gráficos 3D están sen rematar, e só amosan un modelado sen interpretar para que se poida un facer unha idea do que pasa:
efectos 3D sen rematar
Tamén a mestura de distintos planos para realizar efectos está sen rematar:
mestura de capas
Os efectos especiais están aínda moi verdes:
efectos cutres
E incluso hai anotacións de traballo:
anotación
Vaia, que moita xente pode levar unha grande decepción ao ver esta copia da película, que aínda que digan por aí que se ve coma un DVD o certo é que a súa calidade real é peor que a dunha serie de televisión de ciencia ficción en plan cutre, cando no cine poderemos ver un filme espectacular. Eu recomendo agardar un mes, para poder ver unha versión decente da cinta, e quen non queira agardar, que sexa consciente que non está a ver a película, senón un simple bosquexo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS