Un novo Lobezno de Das Pastoras

Esta semana non paro de ler novas que de comics da Marvel con relación con Galicia, e hoxe dende Culturagalega.org adiantan que Das Pastoras está a preparar un novo...

Esta semana non paro de ler novas que de comics da Marvel con relación con Galicia, e hoxe dende Culturagalega.org adiantan que Das Pastoras está a preparar un novo one-shot de Lobezno baixo o título Wolverine: Revolver, que sairá en xuño nos EE.UU. e ten unha pinta un tanto rara:
Revolver - portadamonstro atacaLogan contraataca
Lembremos que a Das Pastoras xa publicáranlle Wolverine: Switchback en xaneiro (non sei se en España chegará como número solto ou dentro da serie regular, na que fan o que lles peta, mestruando dúas series regulares norteamericanas e números independentes sen pensar no lector), polo que supoño que na Marvel quedaron convencidos polo seu traballo co mutante máis comercial que hai (e que pronto veremos na pantalla grande nunha película propia).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS